Xa indicamos máis dunha vez que as músicas intrumentais das series e das películas, así como dos programas de radio ou televisión raramente teñen maior transcendencia máis aló do formato para o que foron concebidos. Pero sempre hai excepcións. Nos anos cincuenta do pasado século foi moi popular en Estados Unidos un programa de radio chamado "Dragnet", que logo pasou a emitirse en televisión. Mais parte do éxito do programa estaba baseado na súa banda sonora, que co tempo tamén formou parte de series televisivas e de películas. Compúxoo Walter Shumann e desde logo, é preciso sinalar que máis dun programa de radio, parece sacado dunha película de ciencia ficción, desas nas que saen extraterrestres intentando conquistar a Terra.
Con certas modificacións que a afastaban do son de big band coa que triunfou, outros artistas animáronse a versionar "Dragnet". Quizais a versión máis coñecida foi a que Art of Noise gravou para unha película en 1987 chamada precisamente "Dragnet".
Tampouco hai que esquecerse do aceno que Eric Burdon e a súa banda The Animals lle fixo a "Dragnet" no comezo de "San Franciscan Nights", de Winds of Change (1967), onde comezan cunha parodia de "Dragnet".
O grupo feminino First Choice tamén comezou a súa canción "Armed and Extremely Dangerous" cos acordes de "Dragnet", que logo se van repetindo en distintos lances do tema. A canción pertnence ó álbum Armed and Extremely Dangerous (1973).
Ningún comentario:
Publicar un comentario