Nos primeiros albores do novo século uns cantos músicos apostaron por pór en marcha os supergrupos, a modo do que acontecera a finais dos sesenta dentro do rock. Trala decadencia do grunge e do rock contestatario, algúns membros de Rage Against the Machine, co guitarrista Tom Morello á cabeza, xunto con Tim Commerford e Brad Wilk puxéronse en contacto con Chris Cornell, líder de Soundgarden e de Temple of the Dog para crear Audioslave; nacía así o primeiro supergrupo do século XXI. Malia que a aventura tan só durou seis anos escasos, Audioslave sacou tres discos que reivindicaban o hard rock na nova década. No segundo álbum, Out of Exile (2005) está incluída "Your Time Has Come", cunha marcada influencia de Soundgarden, pero tamén dunha banda de referencia no rock duro coma Metallica.
http://youtu.be/itRBvI1N_gs
Tendo en conta que Chris Cornell é autor deste tema, como tamén o foi de boa parte da discografía de Soundgarden, non é estraño que "Your Time Has Come" conteña sons semellantes a algunha composición anterior de Cornell. Neste caso nótase a influencia de "Get on the Snake", unha das cancións do segundo álbum de Soundgarden, Louder Than Love (1989).
http://youtu.be/rX3raWfHpYE
Tamén parece que dalgún xeito a canción de Metallica "Bad Seed", pertencente a ReLoad (1997), influíu na elaboración de "Your Time Has Come", ou polo menos así o cre moita xente. O certo é que non se pode negar un certo parecido entre ambas.
http://youtu.be/VKRMpbv2YM4

Ningún comentario:
Publicar un comentario