Bruce Springsteen foise convertendo con cada disco que sacaba na voz máis importante dos cantautores de Estados Unidos, con permiso de Dylan, ó retratar a sociedade americana e describir de maneira certeira todas as emocións posibles, que ían moito máis alá do tópico de mozas e coches con que algúns intentaron ningunear a traxectoria do Boss. Pero a verdade é que coa sinxeleza que o caracteriza, Springsteen foi escribindo himnos que chegaban a calquera que se parase a escoitalos. En The River (1980), quinto disco deste músico de Nova Jersey, Springsteen consagrábase un pouco máis como un artista capaz de crear cancións imperecedeiras en pouco tempo. O primeiro single, "Hungry Heart", é hoxe un dos seus clásicos e iso que en principio Springsteen a compuxera para cederlla ós Ramones.
http://youtu.be/lQSn26zCXYQ
A influencia de Bruce Springsteen é tan forte que mesmo músicos da talla dos Beach Boys se renderon a ela. En 1985 a veterana banda publicou un disco epónimo cuxo single de presentación foi "Getcha Back", tema escrito por Mike Love e Terry Melcher cun son que inevitablemente fai pensar en "Hungry Heart".

Ningún comentario:
Publicar un comentario