Tras fichar a Fergie como cantante feminina e gravar o terceiro disco con ela, Elephunk (2003), a vida de The Black Eyed Peas deu un xiro de cento oitenta graos. A partir de aí tiveron un éxito masivo e cada disco que sae das producións de Will.i.am, o cerebro do grupo, recíbeo unha bandada de fans que agardan ansiosos as novas cancións. Tampouco é allea á expectación que causa, boa parte da prensa musical que os encumbrou como un dos fenómenos musicais máis mediáticos. En calquera caso, desde a publicación de Elephunk, posiblemente o disco máis interesante de The Black Eyed Peas sexa The E.N.D. (2009), onde moitas das cancións fixéronse cos primeiros postos das listas. Con todo, a composición dos temas do álbum reproduce o costume tan arraigado desde as orixes de The Black Eyed Peas de recorrer a temas doutros artistas. Pero ás veces ese recurso vale a pena cando hai cancións tan boas coma "Meet Me Halfway".
http://youtu.be/CiGS_pkxJFQ
En "Meet Me Halfway" inteveñen dúas cancións. Unha delas é o clásico de Cyndi Lauper "Time After Time", que aparece en She's So Unusual (1983), que lle imprime o tema de The Black Eyed Peas un toque oitenteiro innegable.
http://youtu.be/VdQY7BusJNU
O segundo tema é algo máis actual. Trátase de "Maps", unha das cancións do álbum de Yeah, Yeah, Yeahs Fever to Tell (2003), que lle presta ó de The Black Eyed Peas o son da batería e da guitarra durante unha parte de "Meet Me Halfway".
http://youtu.be/oIIxlgcuQRU

Ningún comentario:
Publicar un comentario