O fenómeno en que se converteu R.E.M a partir de Out of Time (1991) , pero sobre todo desde o single "Losing My Religion", comezou a orquestrarse uns anos antes cos anteriores traballos dos de Atlanta. A verdade é que cando o éxito masivo desbordou a esta banda de rock alternativo, os seus membros xa ensamblaran unha carreira curtida con seis discos previos que cada vez indicaban mellor o que habería de chegar con Out of Time e con Automatic for the People (1992). Ás portas dese álbum que tanto lle cambiou o conto para Michael Stipe, Peter Buck, Mick Mills e Bill Berry, R.E.M editara Green (1988), un dos favoritos de tódolos fans, que xa anticipaba a evolución da banda. Cancións coma "Orange Crush" amosan que R.E.M era xa unha gran banda antes de que todo o mundo caese rendido ante "Losing My Religion".
Editors clava a versión de "Orange Crush" que gravaron na cara B do single "Blood", un dos temas de The Black Room (2005). Incluso a voz de Tom Smith parece un remedo da de Michael Stipe e é que "Orange Crush" acáelle moi ben ó estilo de Editors.
Ningún comentario:
Publicar un comentario