Na efervescente New Wave de comezos dos oitenta, o austríaco Falco ía ter un primeiro gran éxito antes de que en 1986 gravase o inesquecible "Rock Me Amadeus". Trátase de "Der Kommissar", tema estrela do debut Einzelhaft (1982) no que Falco cantaba rap en alemán e que co tempo sería o seu principal signo de identidade, pois non era frecuente que un artista triunfase mundialmente cantando nunha lingua distinta do inglés. Non obstante, Falco conseguiuno timidamente con "Der Kommissar" e cando a versión en inglés a cargo de After the Fire, publicada uns poucos meses despois da orixinal, copou o mercado, os focos mediáticos apuntaron inmediatamente ó artista austríaco, que sen renunciar un ápice ó estilo co que se dera a coñecer, converteuse nunha das figuras musicais imprescindibles dos oitenta.
http://youtu.be/vfb6HlkFr8o
Como indicamos, o principal promotor de Falco foi a banda inglesa After the Fire cuxo quinto disco Der Kommissar (1982) é precisamente un recompilatorio con versións en inglés das cancións de Falco. Curiosamente deixaron o título en alemán de "Der Kommissar", que tamén titula ó álbum, xa que foi a que tivo maior éxito, aínda que este foi relativamente pequeno. Coa versión de After the Fire, a sona de Falco popularizouse e acadaría o cénit con "Rock Me Amadeus" uns anos despois.
http://youtu.be/Pp4pAYDfiB4
No segundo álbum de Laura Branigan, Branigan 2 (1983), está a canción "Deep in the Dark", que reproduce a música de "Der Kommissar". A letra, por suposto, é distinta á de After the Fire.
http://youtu.be/823aeo0WU_k

Ningún comentario:
Publicar un comentario