Nick Littlemore é dos músicos e produtores máis activos de Australia. A finais dos anos noventa xunto con Peter Mayes puxo en funcionamento Pnau, un proxecto de música electrónica que provocou as loas da crítica naquel país. Tras consagrarse co terceiro álbum, Pnau (2007), Littlemore comezou a colaborar nunha nova aventura, esta vez xunto co seu amigo Luke Steele, que sería unha das grandes revelacións de 2009, o ano en que Empire of the Sun facía o seu debut. O fulgurante éxito planetario de Empire of the Sun non escureceu a Pnau, que volvía con forza en 2011 cun novo traballo, Soft Universe e un ano despois facíase realidade o soño dun dos grandes admiradores de Pnau, Elton John, que uns anos antes expresara o seu desexo de traballar nun álbum conxunto cos australianos. Aparecía deste xeito Good Morning to the Night (2012) onde as novas cancións están feitas con retrincos, case imperceptibles no resultado final, do repertorio de Elton John. Unha das máis fermosas é sen dúbida "Sad".
http://youtu.be/b4V7Bnfp7Nk
En "Sad" interveñen cinco cancións, a maioría pertencente ós anos setenta. A máis antiga é "Friends", de 1971, escrita por Elton John e Bernie Taupin para a película do mesmo nome.
http://youtu.be/17u9mxdvQEo
Outra é "Curtains", que pecha o noveno álbum de Elton John, Captain Fantastic and the Brown Dirt Cowboy (1975).
http://youtu.be/Ch73A5Ticgw
De Blue Moves (1976) Pnau extraen dúas cancións que incorporan a "Sad". Unha delas é a coñecida "Sorry Seems to Be the Hardest Word".

http://youtu.be/c3nScN89Klo
A outra é a animada "Crazy Water".
http://youtu.be/ensQVABZjbQ
Por último, recuperan "Nice and Slow", a canción que abre o EP The Complete Thom Bell Sessions (1989) e quizais a máis fácil de identificar en "Sad". A combinación de diversos elementos destas cancións acertan de cheo no traballo de Pnau e Elton John, unha colaboración máis que afortunada.
http://youtu.be/lmO5r-gslOc

Ningún comentario:
Publicar un comentario