Eric Clapton inaugurou unha nova moda cando celebrou aquel concerto acústico para a MTV. De súpeto, este tipo de concertos fixéronse habituais durante os anos noventa e non había artista ou grupo de certo renome que non editase as súas cancións en unplugged. Co tempo, esta práctica serviu de excusa para revisar vellas cancións e publicar recompilatorios de grandes éxitos co único obxectivo de vender, á marxe do que as novas versións puidesen achegar. Bon Jovi sumouse a esta maniobra de mercadotecnia cando en 2003 publicou This Left Feels Right, o cuarto recompilatorio na carreira dos de Nova Jersey. A graza, como xa se intúe no título, está en escoitar os temas máis rockeiros en acústico, pero ningunha das novas versións consegue facer sombra ás orixinais. Unha das que mellor quedou foi "Keep the Faith", canción que lle deu título ó álbum de 1992.
En This Left Feels Right "Keep the Faith" é o corte 10 e non saíu como single, xa que a discográfica apostou por "Wanted Dead or ALive", "It's My Life" e "Always" para promocionar este recompilatorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario