Blink-182, a banda de californiana de pop punk, non se diferencia moito de calquera outra banda cun son parecido e é posible que dentro de cincuenta anos non sexa especialmente recordada polas súas cancións, pero o trío composto por Tom DeLonge, Mark Hoppus e Travis Barker nunca ocultaron a súa admiración por bandas coma The Cure, que en principio, semellan non ter moito que ver coa proposta musical dos californianos. E non obstante, teñen máis en común do que a simple vista dá a entender a discografía de cada unha das bandas. Ambas teñen de referencia "Another Girl, Another Planet", a canción de The Only Ones; Blink-182 versionouna e The Cure inspirouse nela en "Just Like Heaven". Pero onde mellor se concretou esa aproximación foi no álbum epónimo de Blink-182 editado en 2003. Para os rapaces de Blink-182, a canción "The Love Cats", pertencente a Japanese Whispers (1983), foi decisiva na composición de dúas das cancións do álbum.
"I Miss You", o segundo single de Blink-182, está considerada por moitos a mellor canción da banda, a pesar de que non se trata dunha canción punk como as habituais na discografía deste trío.Os membros de Blink-182 aseguraron que se inspiraron en "The Love Cats", malia que non se parecen gran cousa, quizais debido a que en "The Love Cats" predomina a melodía dos teclados, algo do que prescindiron en "I Miss You".
O mesmo ocorrre en "All of This", na que tampouco se aprecian grandes semellanzas con "The Love Cats", pero nesta ocasión o achegamento ó son de The Cure é máis que evidente; Blink-182 contaron coa colaboración de Robert Smith, que interpreta o tema xunto con Blink-182. Iso si, parece unha segunda parte de "I Miss You".
http://youtu.be/VnO5V8J1Ejg
Ningún comentario:
Publicar un comentario