Os noruegueses A-ha tiveron un debut espectacular co álbum Hunting High and Low (1985). O lanzamento do primeiro single, "Take On Me", que arrasou nas listas de singles, xustificaba o éxito dun disco que tamén contiña outras grandes cancións que no seu momento quedaron algo escurecidas polo fervor que espertou "Take On Me". Unha delas é a canción que titula ó álbum e que saíu como quinto e último single, pero non por iso das máis descoñecidas. De feito, "Hunting High and Low" está considerada unha das grandes cancións de A-ha e proba disto é que conta con numerosas versións e incluso chegou a inspirar algúns outros temas, como veremos a continuación. Como boa parte do repertorio de A-ha, está asinada por Pal Waaktaar.
http://youtu.be/s6VaeFCxta8
Non parece o caso de que Linkin Park teñan como especial referencia a música de A-ha, pero o caso é que moitos críticos apuntan que o comezo de "What I've Done", o tema de Minutes to Midnight (2007) e que logo se recolleu na banda sonora de Transformers, ten certos ecos de "Hunting High and Low" debido a melodía do piano.

http://youtu.be/8sgycukafqQ
O último en facerlle un aceno a "Hunting High and Low" foi o francés Sébastien Tellier na canción "Pépito bleu", canción que abre o disco conceptual My God Is Blue (2012). O son está baseado na melodía de A-ha.

Ningún comentario:
Publicar un comentario