Alarma!!! foi unha das bandas de rock que marcou a escena española durante os anos oitenta. Xurdiu cando a banda previa de Manolo Tena e José Manuel Díaz, Cucharada, se disolveu. Entón, xunto con Jaime de Asúa formaron Alarma!!!, que a pesar da súa curta traxectoria, deixou un moi bo sabor de boca. O primeiro álbum co que debutaron, Alarma!!! (1984), pasou sen pena nin gloria, pero con En el lado oscuro (1985), o trío acadou un sitio privilexiado no recordo grazas a cancións coma "Marylin", "Preparado para el rock and roll" e esta que hoxe vos presentamos, "Frío". Parecía que despois do fracaso do primeiro álbum Alarma!!! comezaba a despegar e que a banda estaba chamada a escribir unha brillante páxina no rock español con novos éxitos. No entanto, xusto no mellor momento en que se atopaba e coas expectivas en torno á banda medrando, os tres integrantes decidiron pór fin á aventura conxunta. Manolo Tena comezou unha carreira en solitario que acadaría o cumio con Sangre española (1993), mentres que Díaz e de Asúa contentáronse con ser músicos de sesión e de acompañamento para outros artistas e grupos.
http://youtu.be/Zl1jqXOM_T4
O éxito de "Frío" radica sobre todo sobre a súa letra, na que fala do efecto da heroína, unha lacra que asolou en demasiadas ocasións á música. Unha das mellores versións que se fixeron foi a de Los Secretos, no álbum Adiós, tristeza (1991) coa voz de Enrique Urquijo

http://youtu.be/-RPbv98YXek
Tamén moi persoal é a versión de Txarrena, un dos grupos de Enrique Villarreal, "El Drogas", que a incluíron por primeira vez no álbum epónimo co que debutaron en 1992. "El Drogas", voz principal ata hai uns anos de Barricada, tamén a interpretou con esta banda e nalgúns concertos contou coa participación de Aurora Beltrán, de Tahúres Zurdos.
http://youtu.be/KGhi6uebjs0

Ningún comentario:
Publicar un comentario