Un dos discos máis aclamados de Duran Duran é Rio (1982), o segundo co que a banda de Simon Le Bon continuaba unha carreira que os ía levar a ser unha das bandas clave para entender a música dos oitenta, especialmente a corrente dos Novos Románticos que lideraron xunto con Spandau Ballet. Aínda así, na discografía de Duran Duran non todo é baladas e contén algúns temas bastante bailables. O single co que se estreou Rio é "My Own Way", que curiosamente, non é das máis recordadas do grupo, nin sequera dese álbum, xa que palidece entre outras como "Save a Prayer" e "Rio", que tiveron moito máis éxito. Por se fose pouco, "My Own Way" tampouco adoita aparecer nos sucesivos recompilatorios de grandes éxitos cos que de vez en cando, a compañía discográfica edita para que o nome do grupo permaneza na memoria colectiva.
http://youtu.be/G1awxNDK1w0
Quen si lle veu posibilidades a "My Own Way" foi o produtor de música house José Nunez, que en 2002 aproveitouna para que lle servise de apaño a "Air Race", un dos seus temas máis coñecidos.
Quen si lle veu posibilidades a "My Own Way" foi o produtor de música house José Nunez, que en 2002 aproveitouna para que lle servise de apaño a "Air Race", un dos seus temas máis coñecidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario