Pink Floyd acaba de publicar novo álbum e iso sempre é motivo de celebración, aínda que no flamante The Endless River (2014) non participe Roger Waters e a meirande parte das cancións sexan os descartes de The Division Bell (1994). Pero dado que temos de volta a unha das grandes bandas da historia con material inédito, volvamos repasar algún dos seus vellos éxitos e nesta ocasión imos deternos no álbum Atom Heart Mother (1970), nunha canción que leva a autoría de Richard Wright, "Summer of '68", e único single que se extraeu do quinto disco de Pink Floyd. Richard Wright toma todo o protagonismo deste tema, xa que ademais de ser o autor interprétao el mesmo, algo que non pasa ningunha vez máis en todo o álbum, pois Atom Hear Mother é sobre todo un álbum instrumental.
http://youtu.be/uYLVbigYUfU
O son de "Summer '68" influíu de maneira indirecta nun dos temas de Fabrizio De André, un dos músicos italianos que máis se preocupou por promocionar as linguas minorizadas de Italia. No álbum epónimo que publicou en 1981, tamén coñecido coma L'Indiano polo debuxo da portada e no que se compara ó pobo sardo cos pobos nativos americanos, aparece o tema "Fiume Sand Creek". Nel, De André fala do famoso masacre de Sand Creek en 1864. A influencia de Pink Floyd está bastante presente no estilo.
http://youtu.be/PXhYK4j2d84

Ningún comentario:
Publicar un comentario