mércores, 18 de xuño de 2014

I Want a New Drug

Na variedade de estilos que confluíron a comezos dos 80, o rock comercial atopou un filón nas cancións alegres e desenfadadas de Huey Lewis and the News. A banda de San Francisco consagrouse co sempre transcendental terceiro disco, que lle acabou asegurando unha carreira na primeira liña durante case dúas décadas. Despois de dous discos non moi interesantes, Huey Lewis and the News publicou Sports (1983) e con el chegou a sona internacional que lle reportaría á banda un lugar na posteridade, e polo tanto, a posibilidade de regresar moitos anos despois de silencio con material novo presentando como aval a súa traxectoria. Boa parte do éxito de Sports débese a singles  coma "I Want a New Drug", unha das cancións asinadas por Huey Lewis e Chris Hayes, e pola polémica en torno a ela que xurdiu durante a primavera de 1984.


Na primavera de 1984 estreouse nos cines unha das películas máis lembradas dese período, "Ghostbusters", e con ela a banda sonora. O tema principal do filme, de Ray Parker Jr., garda un enorme parecido coa canción de Huey Lewis and the News que tan só uns cantos meses antes se editara como segundo single do álbum Sports. Huey Lewis presentou a denuncia nos tribunais tralo verán dese ano e non houbo acordo entre os artistas ata 1995.

Ningún comentario:

Publicar un comentario