Os comezos de Oasis están moi ligados a unha banda de Liverpool que nin de lonxe chegou a acadar a popularidade da banda dos irmáns Gallagher ou de calquera outra daquela época. No entanto, The Real People xogou un papel esencial no desenvolvemento creativo de Noel Gallagher que daría resultado nos primeiros traballos de Oasis. Os irmáns Tony e Chris Griffiiths, os artífices de The Real People, foron unha especie de guia espiritual, de pacientes mestres para Noel, que mesmo supervisaban as composicións deste e que logo quedarían plasmadas no primeiro disco de Oasis Definitely Maybe (1994). E aínda así, The Real People seguía o seu propio camiño, con cancións coma este "Feel the Pain", pertencente ó segundo álbum, titulado Marshmellow Lane (1992).
http://youtu.be/YH1FBmWL0V8
Nin sequera cando Oasis vivía os seus maiores momentos de gloria os irmáns Gallagher se esqueceron das achegas e contribucións de The Real People. No esperado terceiro disco da banda de Manchester Be Here Now (1997) co que a boa estrela de Oasis comezaba a declinar está a canción "Don´t Go Away", descendente directa de "Feel the Pain". Noel Gallagher incorporou ó retrouso parte da letra da canción de The Real People, por se non fose pouco o parecido que hai entre as melodías de ámbalas dúas.
http://youtu.be/BY2lcfa2lrM

Ningún comentario:
Publicar un comentario