Coma moitas outras artistas que tras pasar por diversas formacións deciden emprender unha carreira en solitario, chegou un día en que Jocelyn Brown sentiuse preparada para lanzarse á aventura e comezar a gravar cancións cuxos créditos ían estar ó seu nome. Para entón deixaba atrás unha bagaxe de anos como unha das voces principais de formacións coma Musique, Change e Inner Life que lle serviu para curtirse no mundo da música e que lle proporcionaba unha experiencia necesaria para polo menos manterse a flote. En 1984 aparecía o primeiro longa duración desta artista titulado Somebody Else's Guy que inclúe "Love's Gonna Get You", a primeira canción que Jocelyn Brown paseou polas listas de éxitos sen ter detrás un grupo.
http://youtu.be/dSBcfyXLVX0
Como gran tema disco que é "Love's Gonna Get You", era normal que influíse en cancións posteriores e non digamos se o carácter destas é o hip hop e o dance ou algún estilo semellante. Snap! arrasou en 1990 co tema "The Power", pertencente ó álbum World Power.
http://youtu.be/nm6DO_7px1I
Pero en "The Power" non só se atopa trazos da canción de Jocelyn Brown, xa que o dúo xermano tamén recorreu a outras cancións para elaboración do seu gran éxito. Máis claro aínda que a de Jocelyn Brown é a de Chill Rob G "Let the Words Flow".
http://youtu.be/Gfs-7hRkSP4
O terceiro alicerce no que se apoia a estrutura de "The Power" é a canción de Mantronix "King of the Beats", tema nada apropiado para aqueles que teñan tendencia a padecer cefaleas.
http://youtu.be/vt497Cje1so
Pero esquezámonos xa da gran obra de Snap! e volvamos á canción de orixe de Jocelyn Brown. "Love's Gonna Get You" tamén está na base doutro tema do mesmo ano que a canción de Snap!. Trátase de "Go", a ópera prima de Moby que logo se incluíu no debut epónimo do músico neoiorquino, publicado en 1992.
http://youtu.be/PucUtCWxA74
Pero ó igual que o tema de Snap! o de Moby tamén peca dunha excesiva falta de orixinalidade. Ademais da canción de Jocelyn Brown, Moby serviuse da banda sonora da exitosa serie de televisión "Twin Peaks". "Laura Palmer's Theme", composta por Angelo Badalamenti tamén está presente na canción de Moby.
http://youtu.be/DQg5WUhMP90
E a canción "Go!" de Tones on Tail, de 1984, é a terceira na que se asenta o tema de Moby, que amais, leva o mesmo título.
http://youtu.be/3TJC48BRBn8

Ningún comentario:
Publicar un comentario