Indeep é un grupo máis que está na historia da música por lograr un só éxito, unha soa canción capaz de pulveriza-las listas de vendas de medio mundo. Formado en Nova York a finais dos 70 xusto no momento en que o funk era un xénero musical en alza que xa predominaba grazas sobre todo, a fantástica acollida que tiveran os traballos de Chic, de Donna Summer e tantos outros uns aniños antes. Así que cun panorama en principio favorable para triunfar, Indeep presentouse na escena musical con "Last Night a DJ Saved My Life", tema que titulaba o primeiro álbum en 1982. E unha vez máis repetiuse unha historia que afundeu e por desgraza segue afundindo a moitos grupos e artistas: arrasaron de tal xeito con esta canción que ningunha das posteriores que editaron chegou a acadar unha sona semellante, e poucos anos despois Indeep esmorecía na máis absoluta indeferenza. Pero quedaba "Last Night a DJ Saved My Life".
As versións de "Last Night a DJ Saved My Life" foron sucedéndose continuamente e aínda haberá alguén nestres intres versionando o éxito de Indeep nalgún lugar do planeta. Pero ata o momento ningunha delas mellorou a orixinal. A que máis repercusión tivo ultimamente é a de Mariah Carey no repudiado disco Glitter (2001), banda sonora da película do mesmo nome protagonizada pola propia Mariah.
Por outra parte, a boy band Five tomou algúns elementos da canción de Indeep para a súa "If Ya Gettin' Down", do álbum Invincible (1999) co que mostraban a pouca orixinalidade que adoita haber nestas bandas creadas exclusivamente para vender unha imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario