Salvo nos últimos anos grazas a algunha excepción, non é habitual que o pop e o rock ruso se coñezan no resto do mundo, e máis se non está en inglés, pero en ningún caso é razón suficiente para non saber da súa existencia. Ou senón, que llo pregunten ó músico italiano Robert Miles, que segundo parece, baseou a canción que o habería de levar ó estrelato nunha do músico e actor ruso Garik Sukachov (ou Sukachev, que tamén aparece así transcrito), chamada "Napoi menia vodoi". A polémica xurdiu coma sempre nestes casos, cando un crítico se decatou de certa similitude entre ambas no momento en que "Children", a canción de Robert Miles, soaba en toda Europa. O caso, que podería derivar nun novo culebrón que de cando en vez xorde na música, quedou en nada ó aclarar Sukachov que Robert Miles contaba co seu permiso. Mágoa que todo o barullo inicial non servise para aproximarse mellor á obra de Garik Sukachov, porque aínda agora segue a ser un músico descoñecido para o gran público.
http://youtu.be/f3mknwJoeFs
Eran os últimos meses de 1995 cando se publicou o primeiro disco de Robert Miles, Dreamland, que lle ía conferir a música trance, que daquela estaba no seu maior apoxeo, unha elegancia fóra do común e unha sutileza que habería de deixar pouso. Desde logo, que "Children" fose o primeiro single foi un acerto que se refletiu nas vendas posteriores do álbum, un trallazo deses que se tardan en esquecer.

http://youtu.be/6QEPrDBMqJ0
"Children" é un tema instrumental onde o protagonista é o piano, así que era doado pensar que non se tardaría en escribir letras coa mesma melodía, que con lixeiras variantes na instrumentación derivarían en novas cancións. Á primeira que se lle ocorreu emprega-la melodía de "Children" foi a Angel City en "Do You Know (I Go Crazy)", no álbum Love Me Right (2004). O certo é que esta canción pasa por ser das menos orixinais do que vai de século, posto que se a melodía é a de "Children" sen apenas artificios novos que a disimulen un pouco, a letra está sacada dunha canción chamada igual de Michelle Gayle.

http://youtu.be/bEaN1fPYGN8
E como se ía mostrar indiferente o mundo do hip hop á canción de Robert Miles? Imposible. Kid Cudi e Jackie Chain non se resistiron e "Children" pasou a formar parte de "Rollin'", pertencente ó EP do último chamado Ain't Slept In Weeks (2010)

http://youtu.be/8VxHvv_XBRQ
Un ano antes Natalie Bassingthwaighte incorporara a melodía de "Children" ó tema "Could You Be Loved?", do álbum 1000 Stars (2009). Á diferenza da canción de Angel City, a de Bassingthwaighte ten un aire rock que alomenos, consegue distanciarse en parte da orixinal de Miles.

http://youtu.be/Zn_lFo6YohI
O último rapeiro en recorrer a "Children" é Dot Rotten en "Overload", canción incluída en Voices in My Head (2013). A de voltas que deu a canción inicial de Garik Sukachov para chegar ata aquí.

Ningún comentario:
Publicar un comentario