Xa vimos hai uns días que ás veces unha canción se nutre doutras para resultar unha obra diferente que case se distingue das súas fontes orixinarias. Ese proceso pódese apreciar ben na canción de Metallica "Seek and Destroy", do primeiro álbum da banda de San Francisco Kill 'Em All, de 1983. "Seek and Destroy" ten as súas orixes en dúas cancións que imos ver agora mesmo. A primeira é o tema da banda de heavy metal Saxon "Princess of the Night", do álbum de 1981 Denim and Leather cuxos solos dan comezo a "Seek and Destroy".
A segunda é outro tema dunha banda de heavy metal, Diamond Head, que contribuíron ó tema de Metallica coa influencia da canción "Dead Reckoning", do álbum Borrowed Time (1982).
E este é o resultado dos debutantes Metallica, "Seek and Destroy", un dos primeiros temas que deron forma a unha das mellores bandas de heavy metal de todos os tempos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario