Tommy James and the Shondells é unha banda que sempre hai que citar cando se fala da música bubblegum, ese estilo entre o pop e o rock psicodélico que tan de moda estivo nos 60. Caracterizado por unhas melodías bailables e un ritmo alegre, a banda de Tommy James atopou un oco con este son que os habería de catapultar ós primeiros postos das listas de vendas. Os seus maiores éxitos son "Crimson and Clover" e "Mony, Mony", esta última moi coñecida pola versión de Billy Idol. Está incluída no álbum do mesmo nome, publicado en 1968.
E como xa comentamos, "Mony, Mony" pervive na memoria colectiva grazas á versión de Billy Idol, que apareceu no EP Don't Stop, de 1981.
Cando as Bangles publicaron en 1988 o álbum Everything e foron coñecéndose as cancións que o integraban, algúns críticos sinalaron que o tema "In Your Room" tiña un ritmo que lembraba algo a "Mony, Mony", malia que as posibles semellanzas non parecen afectar en gran parte á orixinalidade da canción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario