A cidade de Memphis sitúase como un dos berces do rock. A importancia simbólica que ten para case tódolos artistas que buscan as súas raíces no blues é incuestionable, de aí que non sexan uns poucos os que se dedicaron a compoñer unhas letras de homenaxe a este lugar. Un dos primeiros foi o gran Chuck Berry, que en 1959 editou o single "Memphis, Tennessee"".
Con referencias á canción de Chuck Berry, os Pixies lanzaron en 1991 a canción "Letter to Memphis", single do álbum Trompe le Monde.
Tamén de 1991 é outra gran canción que fala de Memphis, e quizais é a que máis popularidade acadou. Trátase do tema de Marc Cohn "Walking in Memphis", do álbum epónimo deste compositor estadounidense, e que tamén tivo unha versión moi famosa na voz de Cher.
Ningún comentario:
Publicar un comentario