Poucas cancións teñen un encanto tan permanente como "What a Wonderful World", a canción que Bob Thiele e George David Weiss escribiron para Louis Armstrong. O xenial trompetista interpretouna nun álbum homónimo que se publicou en 1967 convertíndoa nun clásico, xa que a súa letra invita de maneira indiscutible ó optimismo nunha época en que nos Estados Unidos se loitaba polos dereitos da poboación negra. Curiosamente, ten un título semellante "Wonderful World", a canción de Sam Cooke de 1960, unha das máis lembradas do malogrado cantante de soul.
Das versións máis rompedoras desta canción, é a que aparece no álbum póstumo de Joey Ramone Don't Worry About Me (2002), un xeito espectacular de modernizala no talento dun dos integrantes de The Ramones.
Tamén existe unha versión en galego a cargo dos Tamara "Qué Fermoso É Vivir", de 1990. Aínda que quizais a máis orixinal sexa a de Israel Kamakawiwo'ole que a mesturou con outro gran clásico "Over the Rainbow" a ritmo de ukelele. Esta versión aparece no álbum do artista de Honolulu Facing Future (1993).
Ningún comentario:
Publicar un comentario