Revolver, o segundo álbum que os Beatles publicaron en 1966 tras Yesterday and Today ábrese con "Taxman", unha das cancións que escapan do binomio Lennon-McCartney xa que foi composta integramente por George Harrison, quen en moitos momentos viviu á sombra de John e de Paul. E iso que as cancións de George Harrison nos Beatles están á altura dos seus compositores habituais, pero é que precisamente o feito de que xunto con Ringo fosen todos uns xenios fixeron que The Beatles sexan hoxe considerados os mellores.
The Jam, a banda que catapultou a Paul Weller á fama e unha das referencias do punk máis temperá, así como da New Wave, homenaxeou a George Harrison no tema "Start!", do álbum Sound Affects (1980) ó introducir os riffs de guitarra e de baixo de "Taxman".
Ningún comentario:
Publicar un comentario