Habitualmente asociamos a música de Bee Gees cos ritmos discotequeiros dos 70 grazas á sona que colleron ó facer a banda sonora de "Febre do Sábado Noite", mais a banda formada polos irmáns Gibb comezaron a súa andaina a finais da década dos 50 cun pop non carente de frescura seguindo a estela dos Beatles. En 1967 publicaron o seu terceiro disco Bee Gees' 1st que contén este "New York Mining Disaster 1941".
Tan só un ano despois The Zombies editaron no seu álbum Odessey and Oracle "Butcher's Tale (Western From 1914), un dos temas máis impactantes do disco e que conta cos arranxos instrumentais de Pierre Boulez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario