En 1969 o panorama musical asistía ó nacemento dun xenio que habería de crear o seu propio estilo dentro do rock: o glam. Falamos como non, do gran David Bowie, que cun disco homónimo, asentaba as liñas mestras que haberían de asentar a súa traxectoria. Unha das cancións principais é a que abre ó álbum "Space Oddity", unha balada inspirada na famosa película de Stanley Kubrick.
E cun son moi semellante, que lembra moito "Space Oddity", Elton John gravou en 1972 "Rocket Man", do álbum Honky Château, o quinto álbum do cantante inglés.
De "Rocket Man" fixéronse unhas cantas versións realmente notables, coma a de Kate Bush no álbum tributo a Elton John e ó seu compositor Bernie Taupin Two Rooms: Celebrating the Songs of Elton John & Bernie Taupin (1991).
Tampouco queda atrás a de My Morning Jacket en 2004 no álbum Early Recordings.
Ou a de David Fonseca en 2007 no álbum Dreams in Colour. O cantante portugués dálle o seu particular toque a este clásico. Curiosamente, os artistas prefiren decantarse polo tema de Elton John antes que polo de Bowie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario