Como se pode facer unha obra de arte a partir de retrincos doutras cancións? Esa é a gran pregunta que só poden contestar os xeniais Jimmy Page e Robert Plant. Os principais componentes de Led Zeppelin demostraron con "Stairway to Heaven" que son uns auténticos alquimistas á hora de transformar restos de melodías nun son capaz de transcender o rock. Precisamente a canción máis emblemática de Led Zeppelin, xunto con "Whole Lotta Love" fixo que Plant e Page gañasen sona de copións polos sectores máis críticos que vían nestas cancións unha falta absoluta da orixinalidade necesaria en toda creación artística. Mais a grandeza de Led Zeppelin é tal que se souberon sobrepoñer a calquera crítica converténdose nun referente indiscutible para innumerables artistas que viñeron detrás, especialmente as bandas dedicadas ó heavy metal. Por se fose pouco, Led Zeppelin IV (1971), o álbum no que se inclúe "Stairway to Heaven" contén verdadeiros riffs de guitarras e sons que se poden rastrexar en cancións anteriores, como xa vimos nalgunha ocasión. En calquera caso, hoxe imos botarlle unha ollada a eses temas que, en certa medida, fixeron posible que "Stairway to Heaven" sexa hoxe o clásico que coñecemos. O primeiro é "Taurus", de Spirit, do álbum epónimo de 1968.
O segundo é a canción de The Chocolate Watch Band "And She's Lonely", do álbum One Step Beyond (1969).
http://youtu.be/Noxzn3RJjn4
O último retrinco é a versión do tema de Arthur Hamilton "Cry Me a River", que fixo Davy Graham no álbum The Guitar Player (1963). Os primeiros acordes de "Starway to Heaven" desde logo parécense moito.
http://youtu.be/S-2xz-ddK2s
E xa que estamos con "Cry Me a River", podemos botar unha escoita á versión orixinal de Arthur Hamilton, de 1953.
http://youtu.be/85WQz6PGtWw
O último retrinco é a versión do tema de Arthur Hamilton "Cry Me a River", que fixo Davy Graham no álbum The Guitar Player (1963). Os primeiros acordes de "Starway to Heaven" desde logo parécense moito.
http://youtu.be/S-2xz-ddK2s
E xa que estamos con "Cry Me a River", podemos botar unha escoita á versión orixinal de Arthur Hamilton, de 1953.
http://youtu.be/85WQz6PGtWw
E por suposto, non imos deixar atrás o tema estrela "Stairway to Heaven". Velaquí o resultado da mestura das cancións anteriores, unido ó talento de Jimmy Page.
Ningún comentario:
Publicar un comentario