Onte tivemos a oportunidade de escoitar o sensacional popurri que Israel Kamakawiwo'ole fixo de dous clásicos indiscutibles: "What a Wonderful World" e "Over the Rainbow"; así que era case obrigatorio dedicarlle a entrada de hoxe á canción central da banda sonora do Mago de Oz, a película de 1939 que inmortalizou a Judy Garland no papel de Dorothy. Esta balada está escrita por E.Y. Harburg, que se encargou das letras, mentres que a música está asinada por Harold Arlen. A súa popularidade é tal que é moi difícil quedar cunha soa versión, xa que practicamente as atopamos en case tódolos estilos musicais habidos e por haber.
Unha das mellores versións é a de Jerry Lee Lewis. Un dos pioneiros do rock n' roll non se resistiu o encanto deste clásico e en 1980 gravouna no álbum Killer Country.
Xa vimos onte a homenaxe que Joey Ramone lle ofrecía o tema de Louis Armstrong, algo nada novo a preferencia de The Ramones polos clásicos, xa que tamén gravaron unha versión de "Over the Rainbow".
A importancia de "Over the Rainbow" tamén se deixou notar no retrouso de "Starman", de David Bowie. A canción pertence ó famoso álbum de 1972 The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars.
![](https://www.morrisonhotelgallery.com/images/medium/Bowie1972(c)MickRock.jpg)
Por acabar con este escaso repaso das versións, ofrecémosvos a de Mägo de Oz. O grupo de folk métal fixo unha curiosa interpretación baseada na de Israel Kamakawiwo'ole no álbum Belfast (2004).
Ningún comentario:
Publicar un comentario