As composicións de Mick Jagger e Keith Richards son a esencia que conforman o estilo dos Rolling Stones, a banda máis lonxeva que aínda se mantén en activo. Co gallo da celebración dos seus cincuenta anos nos escenarios, os Stones volven sorprendernos cunha nova xira e novas cancións, aínda que nos imos quedar hoxe cun dos temas do álbum Aftermath (1966), o cuarto traballo dos ingleses. "Lady Jane" é unha balada que os Stones non interpretaban en directo dende o falecemento de Brian Jones en 1969 e que recuperaron recentemente para a última xira.
http://www.goear.com/listen/e239e1d/lady-jane-rolling-stones
Neil Young empregou a mesma melodía de "Lady Jane" no seu tema "Borrowed Tune", que se incluíu en Tonight's the Night (1975).
http://www.goear.com/listen/52875e7/borrowed-tune-neil-young
Neil Young empregou a mesma melodía de "Lady Jane" no seu tema "Borrowed Tune", que se incluíu en Tonight's the Night (1975).
http://www.goear.com/listen/52875e7/borrowed-tune-neil-young
Ningún comentario:
Publicar un comentario