Dos singles que Fleetwood Mac ten publicado sen incluílos finalmente nun álbum destaca "Man of the World", que viu a luz en 1969, á espera de que a banda de Mick Fleetwood, Jeremy Spencer e Peter Green gravasen o terceiro álbum de larga duración da banda Then Play On, que sairía á venda ese mesmo ano. "Man of the World" está asinada por Peter Green.
O quinto álbum de Lightning Seeds Tilt (1999), a banda comandada por Ian Broudie, contén o tema "I Wish I Was in Love" cuxas bases se asentan na canción de Fleetwood Mac. De "I Wish I Was in Love" fixo unha versión Scarboro Aquarium Club, que vos pomos agora ante a imposibilidade de atopar a versión orixinal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario