A banda inglesa The Zombies liderada por Colin Blunstone e Rod Argent foi unha das que máis fixo por asentar a psicodelia no rock aló nos anos 60. Neses anos álxidos The Zombies deixounos dous discos espectaculares que callaron fondo nas bandas e artistas posteriores. Odessey and Oracle (1968), o segundo deles publicado, reflicte a excelencia á que chegara o talento de Blunstone e de Argent. A canción titulada "Odessey and Oracle" non se chegou a incluír finalmente no álbum, mais recolle a esencia de The Zombies.
E cun son moi semellante a "Odessey and Oracle", aínda que con maior ritmo, Sidonie publicou no seu segundo disco Shell Kids (2003) "The Sheltering Sky". Malia que o título tampouco é moi orixinal, a canción en si rubrica un dos grandes traballos discográficos destes barceloneses, que con ese álbum, un dos mellores dese ano editado en España, chegaron a facerse cun público fiel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario