A prolífica carreira de Bob Seger comezou a finais dos anos 60. En 1973 publicou o seu sexto disco Back in '72, un dos seus mellores traballos que contén "Turn the Page", unha das cancións máis emblemáticas de Seger, malia que no seu momento pasou inadvertida sendo un dos singles de Back in '72. Mais tres anos despois Seger editou Live Bullet (1976), un disco en concerto onde recuperaba "Turn the Page" e a partir desa versión en directo, a canción colleu a popularidade da que hoxe desfruta.
Das versións que ten, destaca de xeito notable a que Metallica realizou en 1998 no álbum Garage Inc. e que tamén nos encanta.
Pero ademais de versións, "Turn the Page" tamén inspirou algunha que outra canción, como é o caso de "Wanted Dead or Alive", de Bon Jovi, pertencente ó disco Slippery When Wet (1986).
http://www.goear.com/listen/035c98e/wanted-dead-or-alive-bon-jovi
Tamén influíu de xeito notable na canción de 3 Doors Down "Landing in London", do álbum Seventeen Days (2005) no que colabora propio Bob Seger.
http://youtu.be/6ca_6Evj7Fs
Tamén influíu de xeito notable na canción de 3 Doors Down "Landing in London", do álbum Seventeen Days (2005) no que colabora propio Bob Seger.
http://youtu.be/6ca_6Evj7Fs
Ningún comentario:
Publicar un comentario