Dende que Björk conquistou á crítica musical e ó gran público a mediados dos 80, Islandia deixou de ser un país musicalmente descoñecido. Os sons innovadores da música de Björk pronto tiveron continuación no grupo liderado por Jònsi Birgisson, Sigur Rós, que sen renunciar ó seu islandés natal, crearon auténticos himnos que parecen sacados dos lugares máis relaxantes do mundo. Takk (005) é o cuarto disco de Sigur Rós, que se abre coa canción que lle dá título ó disco, unha peza instrumental de apenas dous minutos coa mellor esencia dos islandeses.
Un dos grandes fans de Sigur Rós é Chris Martin, sempre atento a calquera movemento innovador que aparece no mundo da música. Tanto é así que Coldplay emprega "Takk" nas primeiras notas do tema "Princess of China", un dos singles do último disco que Coldplay publicou: Mylo Xiloto (2011) no que colabora a cantante Rihanna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario