Parklife, o terceiro disco que Blur publicou, foi en primeiro en ter repercusión máis aló de Gran Bretaña, malia que os anteriores traballos tamén se editaron en Estados Unidos. Era o ano 1994, cando o britpop vivía en pleno apoxeo, e a banda de Damon Albarn estaba aí como unha das pezas clave dese fenómeno. O feixe de cancións de Parklife serve moi ben para entender ese momento de esplendor no pop inglés, se ben é verdade que a música británica nunca tivo unha mala época. Ábrese con "Girls & Boys", todo un trallazo e unha das mellores cancións asinadas por Albarn.
Xa temos comentado nalgunha ocasión a influencia que supuxo a música de David Bowie para o son de Blur. Por iso, non deixa de resultar abraiante que no álbum do Duque Branco Reality (2003), o último antes do recente The Next Day, que sae este mes, o primeiro single, "New Killer Star", teña un son tan parecido a "Girls & Boys". Semella que dalgún xeito, Bowie lle estivese agradecendo a Blur que recolleses a súa herdanza musical.
Ningún comentario:
Publicar un comentario