mércores, 15 de maio de 2013

Welcome Home (Sanitarium)

O terceiro disco na andaina dun artista ou dunha banda sempre resulta definitivo para confirmar se merecen o ceo musical ou pola contra, o máis inxusto dos esquecemento. Tódolos sectores musicais coincidiron en que Metallica era unha desas bandas de heavy que ía deixar pegada co seu terceiro disco Master of Puppets (1986) e que refrendaba as boas sensacións do seus primeiros traballos. E é que as letras de James Hetfield para ese álbum combinadas co talento musical do resto da banda, así como unha boa produción fixeron que o metal callase mesmo en zonas no que este estilo de rock non era normalmente moi ben acollido. "Welcome Home (Sanitarium)" é un dos temazos dese disco.


"Welcome Home (Sanitarium)" e en xeral, o estilo de Metallica inspiraron a unha banda de novatos en 1994 chamada Weezer, malia que co tempo, o propio estilo da banda de Rivers Cuomo se ía afastar bastante do heavy e do metal. "Undone - The Sweetest Thing", que aparece no disco de debut epónimo é a que máis preto está de Metallica, a pesar de que nese álbum xa se nota cales serán as liñas que acabarían definindo o estilo persoal de Weezer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario