venres, 31 de maio de 2013

Shake, Rattle and Roll

Nos anos 50 cando o blues comezaba a derivar o seu son cara o rock and roll, un feixe de cancións cheas de ritmo ían acabar converténdose en clásicos non só co paso do tempo, senón que os propios coetáneos recoñecían  nelas o selo de imperecedeiro creando novas versións desde practicamebte o momento en que se editaba a versión orixinal. Un deses clásico é "Shake, Rattle and Roll", que viu a luz en 1954 grazas a Big Joe Turner, que foi o primeiro en gravar este tema composto por Jesse Stone, outro dos grandes músicos do blues.


E case sen tempo para que a versión de Big Joe Turner se confirmase nas listas de vendas, tan só catro meses despois, sacaba a súa versión Bill Haley and His Comets, menos achegada ó blues e máis próxima o rock and roll. Tras deles, outros músicos coma Elvis Presley, Sam Cooke, Fats Domino e tantos outros non se souberon resistir a "Shake, Rattle and Roll".


A influencia que tivo "Shake, Rattle and Roll" para Bill Haley and His Comets foi tal que se pode apreciar de maneira notable noutro dos seus grandes éxitos: "See You Later, Alligator", que se publicou en 1956 remata exactamente da mesma maneira que "Shake, Rattle and Roll".

Ningún comentario:

Publicar un comentario