luns, 20 de maio de 2013

Hearts of Stone

Nova Jersey tenlle ofrecido ó mundo da música algúns dos mellores artistas de rock dos últimos tempos. Dende que Bruce Springsteen e a E Street Band comezaron a ter éxito, o nome deste pequeno estado da costa Leste dos Estados Unidos fíxose moi coñecido. Outra banda de Nova Jersey que a mediados dos anos 70 tamén colleitou certo recoñecemento internacional é Southside Johnny and The Asbury Jukes que ó amparo da banda de Springsteen, buscou o seu sitio na música. De feito, o apoio da E Street Band non se limitou só á promoción de Southside Johnny and The Asbury Jukes, senón que a súa participación no proxecto foi moito máis directa, dende colaborar nas cancións ata facer labores de produción. O terceiro disco de Southside Johnny and The Asbury Jukes Hearts of Stone (1978) foi quizais o de máis soa e a produción correu a cargo de Little Steven, un dos músicos máis destacados da E Street Band, xunto co finado Clarence Clemons. Unha das cancións dese disco é a balada que lle dá título ó album.


E outra banda de Nova Jersey tamén moi coñecida é Bon Jovi, que se inspirou en "Hearts of Stone" para unha das súas cancións do terceiro disco Slippery when Wet (1986) "Never Say Goodbye". Puro son de Nova Jersey.


Ningún comentario:

Publicar un comentario