The Four Lovers formáronse a mediados dos anos 60 pero a fama non lles habería de chegar ata unha década máis tarde cando se rebautizaran xa coma The Four Seasons e apostaran claramente polo son disco que tan de moda se puxo nos anos setenta. Unha das cancións pola que son recordados é "December, 1963 (Oh, What a Night)" do disco Who Loves You (1975) co que a formación vocal composta por Bob Gaudio e Frankie Valli se reinventaron.
Das principais versións desta canción destaca a que Claude François fixo ese mesmo ano en francés, co título "Cette anné-là" no álbum Le Vagabond.
E desta versión francesa, tomou Thomas Banglater, un dos componentes de Daft Punk, algúns samples para compór "Colossus" en 1998.
Pero volvamos á canción orixinal de The Four Seasons. O comezo reprodúcese nas primeiras notas de "I Don't Feel Like Dancin'", o single composto en parte por Elton John e que presentaba o segundo disco de Scissor Sisters Ta-Dah (2006).
Ningún comentario:
Publicar un comentario