luns, 27 de maio de 2013

Alla Turca

A música está cheo de xenios e un dos máis grandes é Wolfgang Amadeus Mozart. O compositor de Salzburgo naceu cun talento innato que desenvolveu cando aínda era un cativo, o que o converteron nun dos primeiros casos de neno prodixio que se deu no mundo. A popularidade das súas composicións chegou a tales extremos que é moi difícil atopar a alguén, que mesmo sen ter coñecementos de música clásica, non saiba algunha melodía ou o título dalgunha das súas obras. Unha das máis famosas é a sonata para piano "Alla Turca", composta arredor de 1783, unha marcha que foi reproducida milleiros de veces tanto no cinema coma na publicidade, e o mundo da música contemporánea tampouco foi allea a súa repercusión.


Ou senón que llo digan a Extreme. A banda de heavy liderada por Nuno Bettencourt e Gary Cherone comezan co "Alla Turca" a súa canción "Play with Me", que aparece no álbum epónimo de 1989 co que Extreme comezaban a súa andaina.

http://www.goear.com/listen/ff39bd3/play-with-me-extreme

Tamén Mägo de Oz fíxose o seu particular homenaxe a Mozart levando a "Marcha Turca" ó seu terreo. Gravárona para o álbum en directo Barakaldo D. F. publicado en 2008.

http://www.goear.com/listen/3875f9c/marcha-turca-mago-de-oz


Ningún comentario:

Publicar un comentario