martes, 28 de maio de 2013

Only Time

Unha das tendencias musicais que máis de moda se puxeron nos primeiros anos dos anos 80 foi a new age, un movemento que se caracteriza por buscar a harmonía do espíritu coa enerxía cósmica a través de sons relaxantes (hai que di que mesmo celestiais) que favorezan ante todo a meditación. Poderíase dicir que é a orixe doutros estilos que posteriormente triunfarían coma o chill out, ou algunhas formas da música dance coma pode ser o trance. En calquera caso, a voz por excelencia que mellor representa a new age é a da irlandesa Enya, que co seu traballo tan persoal acadou que a new age fose un estilo coñecido por todo o mundo. No ano 2000 editou A Day without Rain, o sétimo traballo de Enya, que se presentaba co single "Only Time".


E curiosamente, por algunha razón, figurásenos que a melodía de "Behind", un dos temas que aparecen no debut de Catpeople Reel # 1 (2006) ten algo do xeito de Enya. Unha esaxeración, máis que seguro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario