O folk viviu unha época dourada nos anos 60 grazas ás voces de cantautores coma Bob Dylan, Joan Baez, Simon & Garfunkel, The Byrds e tantos outros que modernizaron os sons tradicionais e populares para adaptalos ós novos tempos. Procedentes de Nova York, o trío composto por Peter Yarrow, Paul Stookey e Mary Travers tamén son todo un referente desa época. Un dos seus maiores éxitos é "Leaving on a Jet Plane", que aparece no disco Album 1700 (1967).
"Leaving on a Jet Plane" serviu de sample para algunhas cancións tecno. A máis famosa é a de New Order "Run 2" do álbum Technique (1989). John Denver, o autor de "Leaving on a Jet Plane", denunciou que a melodía da guitarra estaba baseada no seu tema.
Tamén o grupo alemán Culture Beat empregou unha parte de "Leaving on a Jet Plane" no seu coñecido "Tell Me that You Wait", que aparece no seu primeiro disco Horizon (1991).
Ningún comentario:
Publicar un comentario