Cando falamos de rock sinfónico sempre nos acode á mente os nomes de grandes bandas coma Pink Floyd, The Alan Parsons Project, Supertramp, Yes.. e tantos outros. Ben, malia a longa traxectoria que Yes tivo dende os anos 70 hoxe recórdase sobre todo por unha canción que trascendeu todas as barreiras para convertirse nun deses himnos imprescindibles que impregnan a música moderna e que pertence ó undécimo disco da banda de Jon Anderson 90125 de 1983. Estamos a referirnos a "Owner of a Lonely Heart", que por outra parte garda algunha curiosidade, coma que é unha das primeiras cancións de rock que contén un sample da canción de Kool and the Gang "Kool is Back" na versión que fixeron Funk Inc. en 1972, que aparece nada máis comeza-la canción e que normalmente pasa desapercibido para o oínte. En primeiro lugar, escoitamos "Owner of a Lonely Heart".
Agora, o tema que popularizou Funk Inc. once anos antes.
Pero aparte desta curiosidade, "Owner of a Lonely Heart" convertiuse nun modelo para cancións posteriores, que se inspiraron nela, coma "D.s", canción de Michael Jackson no álbum History (1995).
Malia que a máis evidente é a de Dubstar "No More Talk", do álbum de 1997 Goodbye.
Tamén se inspirou en "Owner of a Lonely Heart" a banda venezolana Caramelos de Cianuro na canción "Baby Cohete" do disco Flor de Fuego (2006).
E tamén a turca Hande Yener recorreu a Yes na canción "Hypnoz" no álbum do mesmo nome de 2008.
Ningún comentario:
Publicar un comentario