Edwin Birdsong é un dos pioneiros do funk que aó polos primeiros anos da década de 1970 apostou por un novo son que ameazaba con acabar co dominio que o rock tiña na música contemporánea e que se convertería en referente para xeracións posteriores. En 1979 editou o seu cuarto disco Edwin Birdsong que contén unha das cancións máis recoñecibles deste músico californanio: "Cola Bottle Baby".
http://www.goear.com/listen/f72d81e/cola-bottle-baby-edwin-birdsong
A mellor música electrónica de finais do século XX centrouse practicamente en Francia, onde comezaron a parecer unha serie de dúos que revolucionaron este estilo que trala eclosión dos anos 80 semellaba xa esgotado. Os principais responsables de dinamizar de novo a electrónica e a música house son dous mozos parisinos Thomas Bangalter e Guy-Manuel de Homem-Cristo, que baixo o nome de Daft Punk e caracterizados sempre cuns cascos que lles cobren a cabeza, fixeron que moitos ollos volvesen a ter en conta os estilos destinados á pista de baile. Agora que volveron á actualidade cun novo disco, non está de máis revisar o que está considerado o seu mellor traballo discográfico Discovery (2001), que contén temas como "Harder, Better, Faster, Stronger", baseado no tema de Edwin Birdsong, ó que lle deben en boa parte o son con que Daft Punk se fixeron famosos.

http://www.goear.com/listen/d5b9589/harder-better-faster-stronger-daft-punk
A importancia que adquiriu a música de Daft Punk reflíctese ás veces no estilo hip hop, un bo medidor para comprobar a popularidade de determinadas cancións. Kanye West, posiblemente o mellor artista de hip hop dende hai uns anos, sampleou a canción de Daft Punk (e case se podería dicir que de paso tamén a de Edwin Birdsong) para crear este sensacional "Stronger" no álbum Graduation (2007).
http://www.goear.com/listen/927a6ce/stronger-kanye-west

Ningún comentario:
Publicar un comentario