luns, 3 de xuño de 2013

Congratulations

A irrupción de MGMT no panorama musical coa canción "Time to Pretend" fixo que moitos volvesen a vista cara este dúo neoiorquino composto por Ben Goldwasser e Andrew Van Wyngarden que recuperaban a psicodelia  para a música, coma se aqueles anos desenfrenados dos 60 vivisen unha nova xuventude nos comezos do século XXI. Por iso a expectación que se creou en torno á publicación de Congratulations (2010), dous anos despois do debut con Oracular Spectacuar, foi tan grande. Malia que a discográfica non estaba moi conforme con este traballo e non fixo moito por promocionalo, o álbum saíulles redondo. A canción que dá título ó disco é un tema dos máis tranquilos.


A medida que o prestixio de MGMT ía en aumento, o dúo tamén aproveitou para colaborar con outros artistas coma Kid Cudi. A relación foi tan estreita que Kid Cudi acudiu a unha das súas cancións favoritas de MGMT para sampleala na súa canción "Inmortal", do seu terceiro disco Indicud (2013).

Ningún comentario:

Publicar un comentario