No panorama pop español máis achegado ó mainstream predominan sobre todo os artistas solistas, que cunha boa promoción da súa casa discográfica, o apoio dos fans e nalgúns casos, unhas boas cancións, acadan pronto o estatus de estrelas. David Demaría é un deses artistas, que conta ademais co mérito de compór as súas propias cancións, algunhas delas certamente moi boas. Quizais "La Ciudad Perdida", que aperece no seu álbum Barcos de Papel (2004) sexa a máis fermosa de todas.
O son celta que David Demaría introduce en "La Ciudad Perdida" é un distintivo desta canción con respecto a outras do compositor, un toque que a achega ó estilo de Celtas Cortos. Curiosamente, cando a banda de Valladolid presentou o disco 40 de abril en 2008 co single "Retales de una vida", a moitos lembroulles a melodía da canción do malagueño Demaría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario