A canción romántica italiana viviu unha época de esplendou dende os anos 60 con grandes baladistas que non só triunfaron en Italia, senón en case tódolos países bañados polo Mediterráneo e en media Europa. Por se fose pouco, este xénero vivía a súa festa particular en torno ó festival da canción de San Remo, que cada ano daba a coñecer novas promesas que garantían a continuidade desta modalidade que case era un elemento máis da identidade do pobo italiano. Entre os cantantes que saían deste festival e os que acadaban o éxito sen pasar por el, hoxe temos unha lista de cantantes imprescindibles para falar de canción romántica. Un deles é Umberto Tozzi, compositor de Torino que tivo os seus maiores éxitos na década de 1970. Cunha base dance, "Gloria" é hoxe todo un clásico. Editada en 1979, dálle título ó seu cuarto álbum.
Se ben é verdade que tódolos artistas italianos adoitaban sacar versións dos seus éxitos en castelán e en francés, que lles aseguraban os primeiros postos das listas de vendas internacionais, non ocorría o mesmo co inglés e, quizais por iso, nos países anglosaxóns este estilo non era tan aprezado. Para arranxar isto dalgún xeito, Laura Braningan adaptou unhas cantas cancións ó inglés que lle axudaron a ter un enorme éxito da década de 1980. A adaptación de "Gloria" no seu debut Branigan en 1982 foi o principio dunha carreira chea de éxitos.
E as bases de guitarra da versión de Laura Branigan foron aproveitadas por Pulp para facer "Disco 2000", o quinto disco da banda de Jarvis Cocker e co que acadaron o recoñecemento internacional que tanto merecía Pulp. Different Cass foi publicado en 1995.
Ningún comentario:
Publicar un comentario