Pouco podía imaxinar o poeta alemán Friedrich Schiller que o seu poema An Die Freude publicado en 1786 ía dar orixe a unha das obras mestras por excelencia da música. E é que a Ludwig van Beethoven o poema lle encantaba e inspirouse nel para compór a Novena Sinfonía, a máis coñecida do xenio alemán, e tamén unha das máis innovadoras da época, xa que Beethoven engadiu no último movemento unha parte coral loando á liberdade dos pobos, o que converteu a sinfonía nun himno. De feito, coñécese popularmente como o "Himno á Alegría" e a Unión Europea adouptouno oficialmente en 1972. Beethoven rematou a súa Novena Sinfonía en 1824 e estrenouse en Viena dez anos despois. Así que aí vai o cuarto movemento.
A transcendencia do "Himno á Alegría" tamén chegou á música contemporánea e o rockeiro granadino Miguel Ríos adaptou ó cuarto movemento coa letra en inglés e o título "A Song for Joy" e finalmente en castelán co título "Himno a la Alegría" no álbum Despierta (1970). Nun momento en que a música clásica acadaba os niveis máis altos de popularidade e no que as prinicpais bandas de rock experimentaban con sons clásicos, as versións de Miguel Ríos, aupáronse nos postos altos das listas de vendas, máis alá do mercado español sen renunciar ó estilo clásico e prescindindo dos instrumentos modernos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario