A samba, a música brasileira por excelencia, sempre exerceu un atractivo especial para os dj's de house que vían no ritmo un incentivo para crear novos sons. A comezos dos anos 90 os neerlandeses Zki & Dobre, tamén coñecidos como The Good Men publicaron un single que faría bailar a toda Europa. "Give It Up" converteuse en todo un hit que remitía a Brasil; algo nada raro, xa que os produtores neerlandeses introduciran samples dalgunhas das cancións de Sérgio Mendes, un dos grandes autores brasileiros e máis recoñecidos internacionalmente, aínda que The Good Men non utilizaron o maior éxito de Sérgio Mendes, o famoso "Máis que Nada". Pero antes de revisar as cancións orixinais, vexamos como lle quedou a canción a Zki & Dobre en 1993.
As cancións de Sérgio Mendes que empregaron foron, "Magdalenha" e "Fanfarra", interpretadas as dúas xunto con Carlinhos Brown. En primeiro lugar, "Magdalenha".
E agora, "Fanfarra".
Ademais das cancións de Sérgio Mendes, The Good Men tamén as mesturou no seu éxito cun tema de Sinnamon, "I Need You Now".
O resultado destas mesturas é "Give It Up", que tivo tal éxito, que non lle pasou desapercibido a Mick Hucknall, e en 1995 Simply Red presentaba o seu álbum máis exitoso Life con "Fairground".
As batucadas estaban tan de moda á mediados dos 90, que mesmo Pet Shop Boys non se resistiron a elas. En 1996 o segundo single do álbum Bilingual era "Se a vida é (That's the Way Life Is)", que nos volvían recordar a paisaxe brasileira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario