A finais da década dos 90, a aparición de Sigur Rós no panorama internacional deulle unha nova perspectiva ó rock . Dez anos máis tarde, a aposta da banda chegada de Islandia era unha realidade que moitos outros proxectos musicais estaban dispostos a imitar. A voz anxelical de Jónsi Birgisson marca o estilo identificativo de Sigur Rós como nunca no quinto traballo Meô suô í eyrum viô spilum endalaust (2008) onde o segundo single escollido "Inní mér syngur vitleysingur" é dos máis alegres que nos ofrecen os islandeses. Unha auténtica marabilla.
A influencia de Sigur Rós foise incrementando con cada traballo que publicaban. Para Crystal Castles, considerado na actualidade como un dos prinicipais grupos de música electrónica experimental, as voces de Jónsi na canción anterior foron fundamentais para o seu tema "Year of Silence", que aparece no segundo disco do dúo composto por Ethan Kath e Alice Glass Crystal Castles II (2010).
Ningún comentario:
Publicar un comentario