mércores, 5 de xuño de 2013

Sweet Little Sixteen

Apenas hai cancións de Chuck Berry que non fosen versionadas nalgunha ocasión. Posto que Berry é unha referencia indiscutible, o seu legado aínda pervive nas xeracións musicais posteriores que elevaron as súas creacións á categoría de imprescindibles. De feito, hai alguén no mundo que non recoñeza "Sweet Little Sixteen", single de 1958, aínda que sexa a través da melodía dun dos éxitos dos Beach Boys?


En 1963, os Beach Boys reciclaban a xenial canción de Chuck Berry cunha nova letra, pero coa mesma melodía para convertela nunha das cancións punteiras do surf rock que tantas alegrías lle ten dado á banda de Brian Wilson. "Surfin' USA" aparece no álbum do mesmo título, o segundo na conta dos californianos, que xa comezaban a exportar o seu estilo estival polo mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario