The Drifters foi un dos grupos de doo-wop e soul máis influíntes de todos os tempos. Malia os continuos cambios que se producían na formación, deixaron para o recordo unha manchea de boas cancións que cada certo tempo volven ó panorama actual da man de novas voces. Quizais o período de máis esplendor que viviu este conxunto foi cando contaba entre os seus membros co gran Ben E. King, quen logo habería ter unha prolífica carreira en solitario. Mentres pertencía ó plantel dos Drifters, Ben E. King gravou algúns traballos con eles, como o terceiro álbum de longa duración do grupo, nomeado Save the last dance for me (1962). A canción que lle dá título é unha das máis concorridas por artistas de tódolos artistas e mesmo, Ben E. King a gravou no seu álbum de 1987, que tamén ten o mesmo nome que a canción. O single publicouse en agosto de 1960, dous anos antes de que aparecese recollido no álbum.
https://youtu.be/n-XQ26KePUQ
Unha das primeiras versións que se fixeron foi a de Dalida, quen a cantou en francés co título de "Garde moi la dernière danse" e que se incluíu no álbum do mesmo nome de 1961.
https://youtu.be/aGSc4kmvj4Y
A influencia desta canción de The Drifters pode atoparse nos primeiros acordes da canción de Nino Bravo "Tú cambirarás", primeiro corte do álbum
Te quiero, te quiero (1970).
https://youtu.be/RdrByRj72s8
Tampouco está nada mal a versión de "Save the last dance for me" de Nancy Sinatra e Lee Hazelwood no álbum que ámbolos dous gravaron chamado.
Nancy & Lee (2004).
https://youtu.be/zvfnG_Vs5yE